O Banco Santander fecha na sexta feira 26 oficinas

O Banco Santander fecha na sexta feira 26 oficinas
Oficina do Banco Santander na Coruña.
Oficina do Banco Santander na Coruña.  
Reducirá o número de sucursais en todo o Estado para "corrixir o solapamento" de oficinas trala integración do Banco Pastor, tal e como anunciou en maio pasado.

O Banco Santander pechará na Galiza 26 oficinas, e 150 no resto do Estado, a partir desta sexta feira, 20 de setembro. Esta é a primeira quenda de peches que se contempla na execución do ERE e que inclúe a desaparición dunhas 1.100 sucursais en todo o Estado.

Os peches comezaron a principios de mes -foron 86, pero non afectaron a Galiza- e continuarán nos dous seguintes até eliminar un total de 601 oficinas antes de decembro.

O banco que preside Ana Botín xa anunciara en maio que executaría este plan unha vez finalizado o proceso de integración tecnolóxica das sucursais de Banco Popular no grupo. O Santander adquiriu por 1 euro o negocio e a rede do Popular en xuño de 2017. Agora, desmantelará o equivalente a tres cuartas partes da rede comercial do Popular, que mantiña 1.584 sucursais cando foi comprado.