Bruxelas inclúe a interconexión eléctrica entre Galiza e Portugal nos seus proxectos prioritarios

Bruxelas inclúe a interconexión eléctrica entre Galiza e Portugal nos seus proxectos prioritarios
O comisario europeo de Enerxía e Clima, Miguel Arias Cañete. [Imaxe: Europa Press]
O comisario europeo de Enerxía e Clima, Miguel Arias Cañete. [Imaxe: Europa Press]  

O departamento europeo que dirixe o ex ministro Miguel Arias Cañete non inclúe no listado a terceira conexión gasista entre España e Portugal.


A interconexión eléctrica entre Galiza e Portugal é un dos proxectos en materia enerxética considerados como prioritarios pola Comisión Europea, polo que poderá contar con financiamento comunitario para a súa posta en marcha.

A nova lista dada a coñecer esta quinta feira polo Executivo comunitario inclúe tamén no listado de Proxectos de Interese Común as interconexións de Francia e España polo Golfo de Biskaia, Nafarroa e Aragón, así como tres estacións de almacenamento de electricidade con hidrobombeo.

Quedan fóra do listado de infraestruturas clave para que a Unión Europea cumpra os seus obxectivos climáticos as interconexións gasistas que si figuraban en listados anteriores, como o gasoduto Midcat entre Catalunya e Francia e a terceira conexión entre España e Portugal.

No bo camiño

En palabras do ex ministro e actual comisario de Enerxía e Clima, Miguel Arias Cañete, destacou que a transición enerxética de Europa está “no bo camiño”. Porén, subliñou que a infraestrutura enerxética europea debe avanzar á mesma velocidade que o desenvolvemento das renovábeis para apoiar completamente esta transición.