PRIMEIRO TRIMESTRE

Cae a creación de empresas en Galiza mentres aumenta no Estado

Cae a creación de empresas en Galiza mentres aumenta no Estado

descenso de 0,6% no país a respecto do mesmo período do 2018 mentres no conxunto estatal aumentou en 4,1%


No primeiro trimestre deste ano creáronse en Galiza 1.181 empresas, una cifra inferior á de firmas que se constituíron entre xaneiro e marzo do ano pasado: 0,6% menos. Nese mesmo período aumentou a creación de empresas no conxunto do estado español en 4,1%. A respecto do cambio de domicilio, o saldo é favorábel para Galiza, pois nestes tres meses instaláronse aquí 158 empresas procedentes doutros territorios do Estado mentres marcharon 64.

A comparativa co ano previo ao estoupido da crise reflicte nidiamente as dificultades do tecido empresarial para recuperar o dinamismo previo e o forte impacto que supuxo o picazo da burbulla inmobiliaria na Galiza. No ano 2008, creáranse na Galiza 5.425 sociedades mercantís, polas 4.129 do último exercicio fechado, o 2017.