Caixa Rural Galega aumenta beneficios, depósitos de clientes e créditos

Caixa Rural Galega aumenta beneficios, depósitos de clientes e créditos

A entidade realiza a súa asemblea xeral. Destaca que, embora a crise e as dificultades, non pechou oficinas nin recortou persoal. 


Caixa Rural Galega realiza este sábado a súa asemblea xeral para aprobar as contas correspondentes a 2016, o exercicio no que se fixeron 50 anos de vida desta entidade, nada en Lugo en 1966. O presidente Manuel Varela López e o director xeral Jesús Méndez Álvarez-Cedrón presentaron unhas contas que previamente foron expostas e explicadas aos socios nas xuntanzas feitas en Sarria, Vilagarcía de Arousa, Chantada, Vilalba e Lugo.  CRG ten presenza en máis de 40 concellos de Galiza.

Caixa Rural Galega pechou o exercicio cun beneficio neto superior aos tres millóns de euros, lixeiramente por riba do acadado en 2015. O depósitos de clientes acadaron perto de 800 millóns de euros, cun medre respecto de 2015 do 10,80% e o investimento crediticio superou en 2% a de 2015 até os 417 millóns de euros netos, nun entorno no que a inversión crediticia global continúa a decrecer.

“Nun contexto complexo, con tipos de xuro historicamente baixos, incluso en valores negativos, cabe destacar que fomos quén de manter os resultados (...) e continuar aactividade sen peches de oficinas nin recortes de persoal pese ás dificultades que o sector atravesa nun entorno de tipos tan baixo”.



x