Ferroatlántica terá que presentar un Plan de viabilidade

Ferroatlántica terá que presentar un Plan de viabilidade
[Imaxe: Europa Press] O director xera de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces na comisión.
[Imaxe: Europa Press] O director xera de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces na comisión.  

A Xunta recoñece a petición do informe xurídico da Universidade da Coruña (UdC) solicitado pola CIG.


O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, admite na Comisión de industria do Parlamento que se requirirá un plan de viabilidade a Ferroatlántica no momento en que formalice a "íntegra" titularidade das centrais hidroeléctricas. A operación de transmisión de toda a titularidade de Ferroatlántica ao fondo de inversión TPG non estaría suxeita a autorización administrativa previa porque non afecta a titularidade das concesións mais si que necesita autorización administrativa previa o exercicio de opción de compra do arrendamento financeiro.

Fontes da CIG din coller “con precaución e grande escepticismo” as afirmacións de Bernardo Tahoces e consideran este cambio de postura “o resultado das intensas e continuadas mobilizacións que o persoal está a realizar desde que se anunciou esta operación especulativa”. Lembran que o informe xurídico da UdC realizouse a petición da central nacionalista.