Centos saen á rúa na Galiza contra os recortes ''que poñen en risco o Estado do Benestar''

Centos saen á rúa na Galiza contra os recortes ''que poñen en risco o Estado do Benestar''
[Imaxe: @ccoogalicia]
[Imaxe: @ccoogalicia]  

Convocadas polos sindicatos CC.OO. e UGT, as manifestacións decorreron nas sete cidades, en Burela e en Vilagarcía de Arousa.



Centos de persoas secundaron este sábado as manifestacións convocadas nas sete cidades galegas, en Burela e en Vilagarcía de Arousa polos sindicatos CC.OO. e UGT.

Baixo o lema Emprega a túa forza, nas mobilizacións rexeitáronse os recortes emprendidos polo PP desde a Xunta e desde o Goberno español e para "defender os servizos públicos e ás persoas" dunhas políticas que "poñen en risco o Estado do Benestar", nomeadamente as pensións e o ensino público.

Desde a cidade da Coruña, onde decorreu a manifestación principal, o secretario da agrupación comarcal de CC.OO., Demetrio Vázquez, sinalou en declaracións aos medios de comunicación que "o que temos é froito do noso traballo e non imos permitir que nolo quiten". En termos semellantes pronunciouse o seu homólogo en UGT, José Carrillo, quen chamou a "gañar na rúa o que nos rouban desde o Goberno".