CIG denuncia no Congreso as responsabilidades políticas “non asumidas” sobre as caixas

CIG denuncia no Congreso as responsabilidades políticas “non asumidas” sobre as caixas

O secretario nacional da Federación de Banca, Clodomiro Montero, compareceu na Comisión de Investigación da crise financeira da Cámara baixa española.


O secretario nacional da federación de Banca da CIG, Clodomiro Montero, compareceu na Comisión de Investigación da crise financeira do Congreso, onde denunciou o proceso de” socialización de perdas e privatización dos beneficios”, así como “a impunidade da banca que, malia acumular 84.000 millóns de beneficios desde o inicio da crise, non paga o imposto de sociedades e defrauda as horas extraoridinarias.

 

Montero explicou a reconversión vivida nas caixas galegas, afirmando que “no ano 2005 as caixas galegas empegaban a 7.273 persoas e deron un beneficio de 326 millóns” e que porén, “no ano 2016 Abanca tivo un beneficio de 333.6 millóns de euros, empregando a 4.032 persoas, un 45% menos”.

 

Centrou as críticas na actuación dolosa dos xestores, nas normativas laxas e nos supervisores’ afirmando  do Banco de España  que “en vez de criticar os pensionistas debería preocuparse de que non perdan os seus aforros nas crises dos bancos”.

 

A preguntas dos parlamentares sobre o proceso de fusión, afirmou que “se os directivos de Caixanova cometeron un delito polo que foron ao cárcere, foi grazas a que o Feijoo e Abel Caballero pactaron que estes señores puideran seguir 3 anos máis á fronte da caixa fusionada” e afirmou taxativamente que “hai unhas gravísimas responsabilidades políticas que ninguen asumiu”.

 



x