CIG lembra que a venda de EVO faise cun “gran custo para @s contriuíntes”

CIG lembra que a venda de EVO faise cun “gran custo para @s contriuíntes”

A central sinala que a operación “chega despois de inxectarlle inxentes recursos públicos para sanear o balance da rede exterior, e dos recursos utilizados para a posta en marcha de EVO”. E lembra que o fondo que merca EVO “foi fundado por ex-altos cargos do Drexler, un banco norteamericano quebrado no ano 1990”


Para a CIG, a venda de Evo a un fondo de investimento estadounidense e a privatización de Novagalicia Banco son as consecuencias lóxicas do RD 24/2012 de reestruturación e resolución ordenada de entidades de creto.

Así, a entidade financeira galega está en “resolución ordenada” despois de que o Goberno central decidira que só Bankia era sistémica, “de aí a venda de activos (entre eles EVO) e o anuncio de privatización urxente de Novagalicia Banco”. Dende a CIG-Banca alértase de que todas e cada unha das futuras opcións “terá o seu custe laboral e de emprego, malia que semella que para o goberno de Mariano Rajoy pouco lle importa”.

Sanear con cartos públicos

A venda de EVO banco por 60 millóns de euros ten, incide a central nacionalista, un gran custe económico “para o conxunto [email protected] contribuíntes, pois chega despois de inxectarlle inxentes recursos públicos, miles de millóns de euros, para sanear o balance da rede exterior, e dos recursos utilizados para a posta en marcha de EVO”.

En relación ao comprador, Apollo, a Federación da banca da CIG explica que este fondo foi fundado por ex-altos cargos do Drexler, un banco norteamericano quebrado no ano 1990.

Para a CIG a única opción viábel dende o punto de vista do país, laboral e social é a conversión de "Novagalicia" nun Banco Público e  Galego, “o resto é elixir entre o malo e o peor”.