Comeza a batalla pola presidencia de Pescanova

Comeza a batalla pola presidencia de Pescanova
Pescanova
Pescanova  sg

O segundo accionista, José Carceller, do grupo Damm, postulouse para o posto, mais non reuniu apoios precisos. O nome de Paz-Andrade tamén está sobre a mesa


A rei morto, rei posto. Algo que vale tanto para un reino como para unha empresa. Manuel Fernández de Sousa dimitiu, a saída que se viña esperando desde que saíse á luz a auditoría de KPMG destapando graves irregularidades na pesqueira.

A renuncia de Fernández de Sousa deixa baleira a presidencia de Pescanova. E malia a difícil situación da empresa, en concurso de acredores, xa no mesmo día en que Sousa abandonaba houbo quen se postulou para o posto.

Segundo informan en Economía Digital, José Carceller, do grupo Damm, o segundo accionista de Pescanova, ofreceuse no último consello para presidir a multinacional. Mais non atinxiu os apoios precisos. Tamén, e segundo sinala ED, Alfonso Paz-Andrade, que foi até 2007 conselleiro delegado de Pescanova, “instou á unanimidade do máximo órgano de Pescanova para asumir a presidencia, opción coa que non estiveron de acordo Luxempart e Carceller”.