A POLÍTICA FISCAL DE IRLANDA, EN CAUSA

A Comisión Europea exixe a Apple que devolva 13 mil millóns a Dublín por seren axudas ilegais 

A Comisión Europea exixe a Apple que devolva 13 mil millóns a Dublín por seren axudas ilegais 
Apple en Dublín
Apple en Dublín  

O tigre celta medrou sobre a base de exencións fiscais que agora Bruxelas estima como axudas ilegais. 


A multinacional de base norteamericana, que di que cumpriu a lei, anunciou que pensa recorrer a decisión de Bruxelas.

Irlanda tería infrinxido as regras da competencia europeas ao ter concedido a Apple vantaxes fiscais para o xigante norteamericano se instalar na illa. Os beneficios fiscais obtidos pola compañía californiana ascenden a 13 mil millóns de euros (por volta de 1,5 veces o orzamento da Xunta) entre os exercicios 2003 a 2014.

"A Irlanda deve agora recuperar os impostos non pagos por Apple no seu territorio entre 2003 e 2014, perto de 13 mil millóns de euros, máis os xuros correspondentes", anunciou esta terza feira o executivo comunitario.

Na realidade, a relación fiscal vantaxosa de Apple con Dublín comezou mesmo antes de 2003, en realidade o primeiro acordo data de 1991.

Apple acha que a decisión de Bruxelas vai ter efeitos negativos en Europa, cun "impacto profundo e prexudicial sobre o investimento e a criación de emprego".