O comité de Alcoa non avala, polo de agora, a venda a Parter

O comité de Alcoa non avala, polo de agora, a venda a Parter

Piden garantías de continuidade e critican a “espantada” dos representantes das administracións.


este domingo, 30 de xuño, é a data límite para evitar o despedimento colectivo dos traballadores e traballadoras das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés. A escasa marxe desa data a venda destas dúas factorías ao fondo suízo Parter faise de rogar. Os comités de empresa non avalan, polo de agora, esa venda, pois queren maiores garantías e compromisos de cara ao mantemento da actividade e o emprego.

Após máis de seis horas de reunión entre representantes da multinacional alumineira e do plantel, non houbo acordo. Os trraballadores e traballadoras non aceptan o preacordo proposto por Alcoa para vender. Manterán unha nova xuntanza esta sexta feira.

Parter comprométese a manter todos os postos de traballo das plantas durante dous anos. A partir de aí, dependerá do prezo da electricidade.

Desde o cadro de persoal critícase a “espantada” das administracións públicas a respecto desta xuntanza: “Cando chega o momento de tomar decisións e dar garantías de emprego, desaparecen”, manifestou.