Compostela e A Coruña entre as cidades con máis alugueiros por habitantes do Estado

Compostela e A Coruña entre as cidades con máis alugueiros por habitantes do Estado
Vivendas en alugueiro, [Imaxe: Laura R. Cuba]
Vivendas en alugueiro, [Imaxe: Laura R. Cuba]  

Un estudo asegura que a capital galega estaría a nivel estatal en segundo lugar, logo de Girona e antes de Barcelona.


O número de vivendas en alugueiro no Estado español rexistrou de media un crecemento de 1,95% este ano 2019, diante de 7,66% de aumento que tivo o ano pasado. Son datos do estudo da evolución dos inmobles de alugueiro que deu a coñecer o Ficheiro de Inquilinos Morosos a través de Europa Press.

O director de Estudos e Calidade deste rexistro, Sergio Cardona, explica que este ano tivo lugar unha baixada considerábel do alugueiro de vivendas como consecuencia das mudanzas lexislativas nos últimos meses e a inestabilidade político-económica.

Dúas cidades galegas, Compostela e A Coruña, figuran entre as que máis vivendas alugadas teñen este ano. Girona convértese na cidade con máis inmobles alugados por cada 100 habitantes, con 13,61 inmobles. Séguenlle Compostela (13,19), Barcelona (11,11), A Coruña (10,77) e Salamanca (10,46).