Condenan a tres anos e 1 día de prisión a tres sindicalistas pola folga do comercio de 2009

Condenan a tres anos e 1 día de prisión a tres sindicalistas pola folga do comercio de 2009
Dous dos acusados
Dous dos acusados  
Para a CIG, coa sentenza do Xulgado do Penal nº 1 de Pontevedra, "queda constatado que a xustiza non é igual para todas as persoas"

O Xulgado do Penal nº 1 de Pontevedra vén de facer pública a sentenza pola que se concena a tres anos e un día de prisión a Marcos Cadórniga, liberado sindical de CIG-Servizos, Carlos Alján, delegado da central sindical en Froiz e o sindicalista de CCOO Carlos Búa, pola súa particiación na folga de comercio de alimentación en 2009. Unha sentenza que a Executiva da central nacionalista xa avaliou como absolutamente desmedida e que entende que ten como obxectivo criminalizar o sindicalismo e limitar a súa capacidade de actuación na defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores.

A CIG anuncia que malia estas sentenzas, coas que se pretende dificultar cando non impedir a acción sindical, a central non se arredará na súa loita diaria e constante na defensa dos dereitos de cada traballador/a en cada empresa e da clase traballadora galega no seu conxunto.

 Reitera a súa solidariedade, e ao do conxunto da central sindical, con estes compañeiros e anuncia que adoptará todas as medidas precisas para impedir que a pena de cárcere se faga efectiva.