NA GALIZA

Construción, Servizos e temporalidade impulsan a baixada do paro rexistrado: 1.091 persoas menos en febreiro

Construción, Servizos e temporalidade impulsan a baixada do paro rexistrado: 1.091 persoas menos en febreiro
Construción.
Construción.  

Os temporais representan 9 de cada 10 contratos asinados en Galiza nese mes.


O paro rexistrado baixou na Galiza en 1.091 persoas no mes de febreiro, un descenso que se deu en todos os sectores agás no de sen emprego anterior (onde aumentou en 287 persoas). Servizos e Construción foron as ramas de actividade onde esa baixada foi más notábel: 541 persoas en servizos e 442 na construción. Esta última semella que volve ser 'motor' na creación de emprego. En Agricultura e Pesca esa baixada foi de 181 persoas e na Industria de 214.


Ao longo dos 28 días de febreiro asináronse 68.820 contratos, 90% dos cales foron de carácter temporal: 61.964. A temporalidade asentouse no mercado laboral galego, que con 27% de taxa de temporalidade sitúase en niveis dos máis altos de Europa.


A afiliación á Seguridade Social está en 997.311 persoas, o que supón rexistrar un aumento de case 5.000 a respecto do mes anterior. Ese aumento en termos porcentuais (0,5%) está por riba do rexistrado de media no Estado español (0,37%). Porén, en termos interanuais a afiliación laboral no noso país nos últimos doce meses subiu 1,92%, case un punto menos que a media española (2,86%).



x