Corsair alíase co maior fondo holandés de pensións para controlar a matriz da AP-9

Corsair alíase co maior fondo holandés de pensións para controlar a matriz da AP-9
AP9
AP9  

Os fondos APG e Corsair excercitan os dereitos para ter mayoría en Itínere.


Xiro inesperado na loita polo control de Itinere, a multinacional que xestiona a AP-9. O máximo accionista, a compañía estadounidense Corsair, aliouse co principal fondo de pensións holandés, APG, para facerse co 59% das accións.

Deste xeito, a operación de Abanca –segundo accionista de Itínere), Kutzanak e Sacyr para vender a outro fondo internacional, Globalia, un importante paquete de accións valorado en máis de 700 millóns de euros, fica en nada.

Esta alianza entre Corsair e APG anuncia “unha nova fase” en Itínere, que opera en cinco autorestradas de peaxes no Estado, con máis de 550 quilómetros, entre elas a AP9.

APG é a maior xestora de fondos de pensións de Holanda, que xestiona aproximadamente 482.000 millóns de euros en activos.  Corsair Capital é unha plataforma de investimentos especializados.



x