A débeda pública da Galiza continúa a subir e sitúase en 11.685 millóns de euros

A débeda pública da Galiza continúa a subir e sitúase en 11.685 millóns de euros

Representa 18,3% do PIB, dez puntos máis que en 2009, ano no que Feixoo chegou á presidencia da Xunta.


A débeda pública da Galiza é de 11.685 millóns de euros no segundo semestre do ano, una cifra que supón un aumento de 1,2% a respecto dese mesmo período do ano anterior e que é 100 millóns de euros máis que a que tiñamos no primeiro trimestre de 2019.

É a débeda pública máis alta da Galiza de toda a serie histórica despois da rexistrada no 1º trimestre de 2018, cando se situou en 11.750 millóns de euros.

Na actualidade, supón 18,3% do produto interior bruto (PIB) do noso país mentres que no primeiro trimestre deste ano era de 18,4%. Cando en 2009 Fexoo chegou ao goberno da Xunta, esta estaba en torno ao 8,6% do produto interior bruto. Daquela a débeda pública era de 4.859 millóns de euros, case 7.000 millóns de euros por baixo da de agora.