A defensa dunhas pensións “xustas” volveu resoar nas rúas compostelás

A defensa dunhas pensións “xustas” volveu resoar nas rúas compostelás

Unha mobilización convocada pola Coordinadora nacional de emigrantes retornados, apoiada por CIG e Long Hope, defende a derrogación das leis que castigan fiscalmente as persoas retornadas.


As emigrantes retornadas volveron saír á rúa, e de novo escolleron Compostela para iso. A defensa dunhas pensións “xustas” e a denuncia da “inxustiza” tributaria que sofren as persoas retornadas lideraban unha manifestación que, convocada pola Coordinadora nacional de emigrantes retornados, tivo o apoio de CIG e da asociación de ex mariños galegos en Noruega ‘Long Hope’. “Sumando loitas na defensa das pensións”, resumiron as convocantes.

O colectivo de emigrantes retornadas loita desde hai anos pola derrogación daquelas que consideran que os castigan a unha dobre penalización: “por seren pensionistas e por seren emigrantes”, xa que esta condición obriga a que teñan maior carga tributaria e mesmo foran obxecto de multas, dado que no seu día non se lles informou de que as súas pensións doutros Estados contaban como un segundo pagador.

“Con esta manifestación reclamamos do goberno da Xunta información respecto das xestións realizadas a partir das iniciativas aprobadas por unanimidade polo Parlamento de Galiza nas que se recollían as nosas demandas”, manifestaron desde a Coordinadora.



x