“Desesperación” nos viticultores pola propagación de pragas como mildio e o fungo ‘black rot’

“Desesperación” nos viticultores pola propagación de pragas como mildio e o fungo ‘black rot’

Asociación Galega de Viticultura- Federación Rural Galega denuncian o desleixo da administración autonómica.


Enfermidades como o mildio ou a do fungo coñecido como ‘Black rot’ propáganse polos viñedos galegos a cabalo dunhas circunstancias climatolóxicas que os favorecen e perante o desleixo e inactividade da Xunta, denuncian desde a Asociación Galega de Viticultura- Federación Rural Galega (AGV-Fruga).

 

“Este ano combináronse dous factores, por un lado unha primavera chuviosa e con temperaturas máis baixas do habitual o que causou atraso da floración, e un mes de xullo caracterizado pola suba das temperaturas e ambiente húmido, condicións propicias para a propagación de enfermidades, como o mildio e o Black rot, factores que de novo ten provocado grandes perdas de produción nas distintas zonas vitícolas galegas”, afirman nun comunicado.

 

A estes factores únese, engaden, o “estado de abandono” no que se encontran algúns viñedos, “sobre todo nas zonas mais afectadas polo abandono da actividade agraria, xa que as viñas abandonadas son un foco de infección e polo tanto de propagación do Black rot”. Non hai un tratamento especifico para combater este fungo, lembran estes colectivos, de aí que  a mellor alternativa “é manter estes viñedos limpos, polo que desde a AGV-FRUGA pedímoslle a administración galega que cumpra e faga cumprir as súas propias normativas relativas ás fincas abandonadas”.

 

Esta situación está levando a un estado de desesperación nos viticultores e viticultoras, denuncian desde a Asociación Galega de Viticultura

 

 

 

 



x