Dous de cada dez fogares galegos non pode aforrar nin permitirse o mínimo gasto extra

Dous de cada dez fogares galegos non pode aforrar nin permitirse o mínimo gasto extra
Vigo xente
Vigo xente  

No primeiro trimestre 11% das familias mudou os seus hábitos de compra para reducir gastos.


Dous de cada dez fogares galegos ten que aplicar a “economía de guerra”: non pode permitirse gastar un céntimo máis do previsto. No primeiro trimestre de ano case 20% das familias non se permitiu ningún extra. Por extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cine, etc. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas.

De feito, 11,37% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra, pasando a mercar marcas brancas, produtos en oferta, etc., no primeiro trimestre de 2019. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos neste período. Ademais, 10,87% dos fogares galegos diminuíu outros gastos comúns, como roupa e calzado, transporte, etc.

No primeiro trimestre de 2019 mentres 56,43% dos fogares galegos afirma chegra con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, 43,5%% restante afirma que o fai con dificultade ou moita dificultade.

Catro de cada dez fogares galegos teñen como principal fonte de ingresos as prestacións. Se analizamos estas porcentaxes para os anos 2007 e 2017 en Galiza a porcentaxe de fogares nos que os salarios son máis de 50% dos seus ingresos totais diminúe 4,89 puntos en todo o período, mentres que a porcentaxe de fogares nos que as prestacións son máis da metade dos seus ingresos aumenta 6,04 puntos porcentuais.