Entregan máis de 3.000 sinaturas de [email protected][email protected] demandando a recuperación da paga extra
Piden ao goberno galego o adianto da paga extra de xuño de 2013 para xaneiro do mesmo ano, alén doutras medidas e actuacións

Representantes [email protected] [email protected] públicos entregan esta cuarta nos rexistros da Xunta e do Parlamento máis de 3.000 sinaturas recolliddas entre este colectivo. Unhas sinaturas con que se demanda o adianto da paga extra de xuño de 2013 para xaneiro do mesmo ano. Os apoios recadáronse entre o 28 de novembro e esta semana 

As e os [email protected] da iniciativa apuntan que "esta medida non implica renunciar ao dereito da paga extra de decembro do 2012 senón que supón unha medida compensatoria mentres se substancie a vía xudicial ou se produza a eventual recuperación por parte do goberno". Aliás, lembran que "se trata dunha medida completamente legal e que non incumpre co RDL 20/2012 que suprimiu a percepción da paga extra de decembro de 2012; foi a Comunidade de Navarra a pioneira ao a anunciar en setembro. Por suposto, tampouco supón un aumento do gasto nin incumpre a conxelación salarial imposta para o ano que vén polos gobernos estatal e autonómico".

Comercio

Alén desta entrega de sinaturas, membros da Xunta de Persoal e Comité de Empresa dos servizos centrais da Xunta contactarán con diferentes representantes do comercio de Compostela para intercambiaren opinións sobre o efecto da retirada da paga extra sobre o comercio local e buscaren apoios mutuos.