O eucalipto que chegou antes que Ence

O eucalipto que chegou antes que Ence

O eucalipto estendeuse como a pólvora grazas a un modelo monte/industria que coutou alternativas de desenvolvemento e progreso en amplas zonas do noso rural. Escribimos sobre a eucaliptización no Sermos Galiza 240. Eis un extracto da reportaxe.


Non, a chegada de Ence non foi o comezo da eucaliptización do noso país. A factoría de fabricación de celulosa instalouse en Lourizán en 1957, sendo a terceira deste tipo no Estado. Houbo unha primeira tentativa seria en 1927, impulsada pola Deputación de Pontevedra, de facer algo semellante, mais non callou. Máis de dúas décadas antes de que Ence se instalara, e segundo versión de Joaquín Pesqueira, editor da revista Suevia, Castelao nunha conversa sobre a paisaxe costeira afirmara que “o eucalipto estragou a paisaxe galega, desnaturalizouna”.

5Durante os seus primeiros vinte anos, a factoría de Lourizán empregou como materia prima fundamental o piñeiro, especie que comezou a abandonar para nos 70 prepararse para mudar ao eucalipto. A partir de 1981 a fabricación de celulosa en Lourizán pasa a depender integramente do eucalipto. Por que o cambio? Portugal encetara a finais dos 50 traballar con pasta celulosa branqueada de eucalipto, de gran calidade e máis competitiva, obrigando así a toda a competencia a se adaptar.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 240, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]