A exclusión financeira afecta a veciñanza de 40% dos concellos galegos

A exclusión financeira afecta a veciñanza de 40% dos concellos galegos
Banco Gallego
Banco Gallego  

En 43 municipios non hai ningunha oficina bancaria e en 81 hai unha soa, o que deixa os clientes sen alternativa de escolla.


Entre 2008 e 2018 en Galiza botaron o feche 936 oficinas bancarias, 37% do total das existentes. Unha política das entidades financeiras que deixa 43 concellos galegos sen ningunha oficina para atender os seus case 54.00 veciños. En 81 municipios hai unha única entidade.

 

Así pois, 40% dos concellos galegos teñen ninguna ou una oficina bancaria, o quesup´n que os e as clientes fican sen alternativa no seu propio municipio para ter outra forma de consumo ou actividade bancaria. Unha exclusión financeira que atinxe por volta de 220.000 persoas, o que equivale 8% da poboación total do país.

 

Son datos que se inclúen no 'Informe de exclusión financeira de Galicia 2018' realizado por UGT. O sindicato aponta que hai moitas persoas que deben desprazarse a outros concellos diferentes aos seus de residencia para realizar trámites bancarios.



x