Exclusión financeira, a perda dun dereito básico

Exclusión financeira, a perda dun dereito básico
[Imaxe: Elvira Fernández]
[Imaxe: Elvira Fernández]  

A propia Unión Europea advirte que é un dos problemas a facer fronte, a exclusión financeira. É dicir, a dificultade de persoas (e/ou territorios) no acceso a servizos e produtos financeiros no mercado xeral. Unha situación que xa afecta a milleiros de galegas e galegos nun mundo onde sen conta bancaria, non existes. Mesmo Wall Street Journal exemplificou o risco da exclusión financeira cunha reportaxe sobre o concello de Larouco. Eis un extracto da reportaxe publicada en Sermos Galiza 252.


O proceso de reestruturación bancaria tivo varias consecuencias, entre elas, e non menor, o fechamento de entidades financeiras. Sabémolo ben na Galiza, un país cunha poboación dispersa e onde, entre 2008 e 2016, botaron o fecho 936 oficinas bancarias. É dicir, o 37% das existentes. Temos agora 1.603 sucursais, as mesmas que había a finais da década dos 70. Se en 2008 a nosa ratio era de 9,2 oficinas por cada mil habitantes, agora é de 6. Unha tesoirada que se realizou, nomeadamente, a costa do rural e, nas cidades máis poboadas, daqueles barrios máis golpeados pola crise.

5É importante ter estes dados en mente para entender un problema que ao longo destes anos vai a máis e que mesmo xa motivou que a Comisión Europea se tivera que pronunciar: a exclusión financeira. Falamos de exclusión financeira para nos referir a aquela xente que fica á marxe ou ten dificultades para acceder ao uso de servizos e produtos financeiros. O economista Joaquín Maudos, nun dos estudos máis completos sobre exclusión financeira, cifraba en 2015 en 41 concellos e máis de 61 mil persoas as que se atopaban nesta situación na Galiza. En apenas un lustro aumentaron en 57% os municipios galegos nesta situación e o número de galegas e galegos atinxidos pola mesma incrementou nun 200%.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 252, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]