Feiraco, Irmandiños, Xallas e Melisanto impulsan unha cooperativa conxunta que arrecende a grupo lácteo galego

Feiraco, Irmandiños, Xallas e Melisanto impulsan unha cooperativa conxunta que arrecende a grupo lácteo galego
Presentación da iniciativa. Imaxe: La alacena roja
Presentación da iniciativa. Imaxe: La alacena roja  

Integración Cooperativa Galega comezará a andar o vindeiro 1 de xaneiro. Se as asembleas ratifican a unión, da integración resultará unha cooperativa con 4.340 socios e 428 traballadores.


Novidade de calado no sector cooperativista e lácteo galego. Feiraco, Irmandiños, Melisanto e Xallas acordaron constituír unha cooperativa de segundo grao (ferramenta para emprender procesos de integración) coa finalidade de fortalecer o tecido perante unha crise que bateu fortemente este sector. Queren que as explotacións que as integran gañen competitividade e eficiencia a través dunha integración de servizos e da xestión de compras. o que permitirá abaratar custos e resistir mellor os cambios nos prezos do leite. 

Feiraco controlará o 45,3% do capital; Os Irmandiños, o 30,7%; Melisanto, o 12,6% e Xallas, o 11,4%.


O proxecto impulsado polas directivas destas catro cooperativas vai agora a someterse perante as asembleas xerais de cada unha o vindeiro 31 de outubro. De dar os socios o visto bo, a iniciativa comezará a andar o 1 de xaneiro. Non é un proxecto fechado, pois aspira a sumar máis cooperativas galegas, que para integrarse deberán contar cun capital de base mínimo de dous millóns de euros. Non se desbota estenderse polo norte do Estado nin sequer dar o salto a Europa. Tampouco se desbota que isto sexa o xerme dun gran ghrupo lácteo galego, mais desde os promotores non se quere poñer o carro dianto dos bois.

Potencial

Entre as catro cooperativas suman unha produción conxunta de 413 millóns de litros de leite, e dotarse no futuro dun novo proxecto industrial é unha posibilidade, se ben que polo momento xa contan coas plantas de procesado de Feiraco e Clesa (participada por Feiraco, Irmandiños e Melisanto). Da integración resultará unha cooperativa con 4.340 socios e 428 traballadores, na que Feiraco controlará o 45,3% do capital; Os Irmandiños, o 30,7%; Melisanto, o 12,6% e Xallas, o 11,4%.

Non é un proxecto fechado, pois aspira a sumar máis cooperativas galegas
 

facturación agregada das catro cooperativas no último exercicio foi de 196 millóns de euros, mentres que este proxecto nacerá con máis de 37 millóns de fondos propios --Feiraco (17 millóns), Irmandiños (11,6 millóns), Melisanto (4,7 millóns) ye Xallas (4,3 millóns).

A nova sociedade contemplará desde a recollida, envasado e distribución de leite e outros derivados ata a fabricación de pensos e a prestación de servizos de asistencia á reprodución do gando e alimentación, veterinarios e xestión económica e administrativa.