DESAPARECEN OS TOPES PARA A PRODUCIÓN, MAIS OS PROBLEMAS FICAN NO CAMPO GALEGO

Primeiro día en 3 décadas sen cotas lácteas

Primeiro día en 3 décadas sen cotas lácteas

Día histórico para o sector lácteo galego. Esta terza feira 1 de Abril de 2015 desaparece o sistema de cotas imposto por Bruxelas a mediados dos 80 e comeza unha nova etapa de ‘libre mercado’ para as 9.000 explotacións galegas que suporá novos retos e desafíos.


Este 1 de abril comeza un novo escenario para o sector leiteiro galego coa fin da cota láctea, un mecanismo de ‘control da produción’ imposto desde Bruxelas a mediados da década dos 80 e que caeu sobre o sector galego como unha lousa. Galiza afronte o reto sendo un dos 10 territorios de Europa con maior produción de leite. A ‘liberalización’ do mercado chega após os produtores galegos teren investido nestes anos diñeiro e traballo en mercar (até 2005) e alugar (desde entón até hoxe) cota láctea polo Estado español adiante e poder así facer fronte ás imposicións de Bruxelas e evitar multas por ‘super-taxa’. Todo un esforzo económico, e non só económico, que fica en nada a partir deste 1 de abril.

Galiza afronta o reto sendo un dos 10 territorios de Europa con maior produción de leite

O cupo anual para Galiza era de 2,2 millóns de toneladas, por baixo da produción, de aí esa compra e aluguer de cota. O noso país representa o 40% da produción de leite do Estado español e temos máis das metade das explotacións. Porén, apenas recibiamos un terzo da cota do Estado (6,5 millóns).

Nestes últimos seis anos perdéronse 9.000 titulares de explotacións. Desde 2012 o noso país fechou unha media de 2 explotacións cada día. O prezo que se lle paga ao produtor está en niveis que apenas cobren os custos... e chega o ‘libre mercado’. E chega nun rural aventellado, con dados como os que indican que só un 5% da poboación agraria ten menos de 40 anos.

Febleza

A Consellaría de Medio Rural afirma que a etapa que agora comeza é unha oportunidade de expansión para o sector galego do leite. Mais produtores e expertos coinciden en sinalar que Galiza chega a este punto con 2 puntos moi febles a respecto de competidores: escasa organización en cooperativas e carencia dunha industria transformadora potente. Chega o libre mercado perante uns produtores galegos ‘indefensos’ e coa sombra de ‘dumping’ a cargo das potencias leiteiras europeas sobre mercados nosos...

De feito, e como se sinala en informes como ‘A Economía Galega’, coa liberalización vaise tender a unha concentración da produción láctea naquelas zonas con máis vantaxes competitivas: menos custos de produción, unha industria sólida, cadea mellor organizada... Características que definen zonas como as de centro e norte europa.

Galiza chega a este punto con 2 puntos moi febles a respecto de competidores: escasa organización en cooperativas e carencia dunha industria transformadora potente

As organizacións agrarias

Fruga advertiu esta fin de semana, na súa II Asemblea Nacional, de que a "liberalización" do sector lácteo após a "supresión" das cotas lácteas provocará "excedentes" na produción, ben como "grandes caídas" no prezo do leite. "Preocúpanos moito esta desaparición", subliñara o dirixente de Fruga Manuel Dacal. Con todo, rexeitou defender o sistema de cotas.

Desde o Sindicato Labrego Galego (SLG) denúnciase que co final das cotas lácteas "as industrias están aumentando a presión para obrigar as explotacións a asinar contratos contratos a prezo de miseria que andan entre os 26 e 28 céntimos por litro". Esta organización criticou a pasividade da Xunta perante o novo escenario e afirmou que nestes 30 anos de cota láctea Galiza pasou de ter 122.000 explotacións a 10.000.

Desde Xóvenes Agricultores cren que este sistema de cotas para o sector lácteo foi prexudicial para Galiza e coa súa desaparición “só temos que pensar en competir, pero iso si, con contratos referenciados”. O secretario xeral de Unións Agrarias (UUAA), Roberto García, di que están acesas “as luces vermellas” polo que poida pasar.

Erros de cálculo na cota láctea

A finais de 2014 o Ministerio de Agricultura española calculaba en máis de 128.000 toneladas a fenda entre cota e produción,o que implicaba unha multa de perto de 36 millóns de euros. Mais en febreiro, o novo informe elaborado por este departamento español reducía esa diferenza entre cota láctea e leite producido a unha cifra que, traducida en sanción, roldaría os 2,2 millóns de euros, 34 menos que os que o propio Ministerio aseguraba hai só uns meses que había que pagar.

Esa redución, porén, non deixa de anoxar os e as gandeiras por unha "falla de rigor" que obrigou a explotacións galegas a investir moito diñeiro no seu momento para arrendar máis cota láctea, algo que non faría falla facer en vista dos últimos dados do Ministerio.

Diversos cálculos apontan a que por volta de 5.000 [email protected] de Galiza -a metade dos existentes- ultrapasarán a cota láctea. Mais, e como recoñecen desde o propio Estado, aqueles e aquelas que terán que pagar multa roldarían o 5%. Serían as explotacións que excederon por moito a cota. Hai unha década, [email protected] [email protected] pagaron unha multa de 1,5 millóns de euros por superar a cota.



x