Un fondo estadounidense merca Iberconsa por 500 millóns de euros

Un fondo estadounidense merca Iberconsa por 500 millóns de euros

O grupo, con sede en Vigo, é un provedor mundial de produtos do mar conxelados. Ten 45 barcos e só Pescanova o supera no Estado español en canto a grupos pesqueiros.


Platinum Equity, un fondo de capital risco estadounidense propiedade do dono da equipa da NBA Detroit Pistons,  compra a viguesa Iberconsa (Ibérica Conxelados S.A.), o segundo grupo pesqueiro máis importante no Estado español, só superado por Pescanova. Paga nesta operación máis de 500 millóns de euros.


Outro fondo, Portobello Capital, era quen tiña a maioría das accións de Iberconsa após facerse con esta firma en 2015. Daquela Iberconsa facturaba 149 millóns de euros, unha cantidade que en 2017 xa era de 226 millóns,


Iberconsa é un provedor mundial de produtos do mar conxelados. Os produtos da compañía, que inclúen pescada, gambón, lagostino e pota, véndense en máis de 60 países. Ten unha frota propia de 45 embarcacións, que opera nomeadamente en Arxentina, Namibia e Sudáfrica. Dispón tamén de cinco plantas de procesamiento e catro instalacións de distribución de cámaras frigoríficas.

Alberto Freire continuará como conselleiro delegado de Iberconsa após a transferencia de propiedade. Esta é a principal operación dos fondos de investimento en Galiza.