Fruga acusa a Medio Rural de “desmantelar” as Oficinas Agrarias Comarcais

Fruga acusa a Medio Rural de “desmantelar” as Oficinas Agrarias Comarcais

Afirma que actualmente hai nelas 100 prazas vacantes de persoal técnico agrario e outras tantas cubertas por persoal interino.


Fruga denuncia que a Consellaría de Medio Rural está a facer “importantes recortes” nas Oficinas Agrarias Comarcais, uns recortes que esta organización considera que “ podemos cualificar de desmantelamento”. Así, afirma a Federación Rural Galega, “nestes momentos hai 100 prazas vacantes de persoal técnico agrario e outras tantas cubertas por persoal interino”. Denuncian que hai oficinas que non dispoñen de técnicos para poder realizar os traballos, e outras, das que dependen un grande número de explotacións, cun só técnico, caso da oficina comarcal de Lugo.

As Oficinas Agrarias Comarcais, dependentes da Consellería do Medio Rural, supoñen un importantes servizo para as explotacións agrogandeiras do noso país. Unha importante cantidade de trámites realízanse en ditas oficinas, como poden ser transferencias de explotacións, tramitación e certificación de plans de mellora, transferencias de dereitos da PAC, e outros moitos.

Fruga considera que a carencia de persoal nas axencias de extensión agraria, “pode supor importantes perdidas para as explotacións agrogandeiras do noso país,” e pide que se dote ao agro galego, “dunha nova estrutura adaptada ás novas realidades do mundo rural, co fin de garantir unha maior eficiencia, e facilitar os tramites”.



x