Fruga e AGV abordaron na bisbarra arousá as perspectivas da viticultura

Fruga e AGV abordaron na bisbarra arousá as perspectivas da viticultura
Imaxe das xornadas da Fruga e IGV
Imaxe das xornadas da Fruga e IGV  
As Xornadas Técnicas organizadas pola Federación Rural Galega e Asociación Galega de Viticultura tiñeron lugar en Catoira, Valga e Pontecesures

As Xornadas celebradas en Valga resultaron un éxito de público asistente e sobre todo na calidade das exposicións e debates, segundo os colectivos organizadores. Na inauguración houbo unha decidida aposta por parte do Alcalde de Valga en favor dunha iniciativa empresarial que permita sacar unha marca comercial que comeze a proxectar a zona. O Xerente do GDR, Anxo Escariz comentou que as Xornadas rematan unha primeira etapa, haberá apoio para as fases seguintes. Loli Lobato, Presidenta da Asociación de Viticultores de Ribeira de Arousa, ten amosado a firme determinación de promover unha primeira experiencia elaboradora baixo o paraugas da IXP Viños da Terra de Barbanza e Iria. Roberto Rivas da Asociación Galega de Viticultura, tamén amosou todo o apoio e asesoramento que se precisar para tal iniciativa, nos mesmos termos se manifestou o representante do Concello de Pontecesures.

 Nas diversas palestras abordáronse diferentes temáticas relacionadas cos distintos aspectos técnicos. Así, na sexta feira, Xosé Manuel González Vilas, Técnico da AGV, Francisco Rego da EVEGA. Antonio Meixide do CFEA de Guísamo remarcaron a necesidade de defender unha viticultura encamiñada a un alto status de calidade, coa necesidade de reconverter o catalán cara a súa substitución por castes como a Albariño, Treixadura, Godello, Torrontés e Raposo nas brancas e o Caíño, Mencía, Loureiro Tino, Sousón e Brancellao nas Tintas. Especial interse pode ter a variedade Raposo ou Branca Lexítima polas súa axeitada adaptación á zona, pois xa hai viñedos plantados na Península do Barbanza. Neste sentido houbo tamén unha orientación á boa planificación das plantacións, con atención ás densidades, emparrados, e sistemas de cultivo, sobre todo para no repetir experiencias negativas noutras zonas como as Rías Baixas. Germán Martínez, empresario vitivinícola do Salnés, falou das posibilidades de baixar custos á hora de pór plantacións e mecanizar os traballos.