Fruga teme que o novo decreto lácteo implique menos garantías para os gandeiros

Fruga teme que o novo decreto lácteo implique menos garantías para os gandeiros
vaca leite xunta
vaca leite xunta  

Os borradores que se están coñecendo, sinala  Federación, non convidan ao optimismo.


O goberno español presentou ao sector lácteo un borrador do Real Decreto que quer implantar os contratos obrigatorios entre produtores e industria nas transaccións. A Federación Rural Galega (Fruga), porén, lamenta que neses borradores non haxa moito espazo para o optimismo. Así, manifesta a Sermos Galiza, Elías Somoza, “implican menos garantías para os produtores”.

Fruga advirte de que segundo o borrador desaparecería o aval que teñen que poñer os primeiros compradores, o que desprotexe o produtor fronte a impagamentos. Ademais, non fixa medidas ou garantías que eviten o que acontece e que é, aponta Somoza, que a industria continua a ser quen de facto fixa os prezos. “O produtor continúa sen capacidade ningunha”.

Para Fruga, as Interprofesionais deberían reflectir a diversidade do sector e ser quen de pular por uns prezos que “permitan cubrir os custos de produción e que o gandeiro poida ter unhs ingresos dignos”.

Porén, lamenta Elías Somoza, até o de agora o organismo limitouse a ·facer moitos estudos e análises sobre prezos do leite desde o acordo de 2015” mais sen preocuparse de que se aplique