Galiza apanda coa factura das grandes eléctricas

Galiza apanda coa factura das grandes eléctricas

Galiza, malia ser excedentaria, vai pagar o recibo da luz máis caro do Estado para compensar as eléctricas polos impostos autonómicos que pagaron. Cada galega e galego desembolsará 16 euros fronte aos 30 céntimos por madrileña e madrileño -territorio que non produce nin un só megavatio- ou os cero euros dos habitantes en Euskadi. Eis un extracto da reportaxe, publicada no número 308 de Sermos Galiza.


2A luz vai subir na Galiza unha media de 16 euros por galega e galego para compensar as eléctricas polos impostos autonómicos que pagaron. Galiza, excedentaria na produción de enerxía, vai ter que pagar 38 millóns de euros neste concepto, o recibo máis alto do Estado. A factura desta compensación para Madrid -que non produce nin un só megavatio- é de 30 céntimos por habitante. Territorios como Canarias ou Euskadi libran deste recargo. 

 

Así pois, Galiza, que exporta entre 30 e 40% da enerxía que produce, engade un punto máis aos retornos negativos que obtén por esta actividade: ao servizo deficitario, ao impacto ambiental ou ao xa de por si prezo elevado suma agora pagar este novo recargo.

 

O Tribunal Supremo avalou nunha sentenza de xuño de 2014 o dereito das eléctricas a recuperar o pagado en impostos autonómicos. Uns cartos que se devolverán a cargo das consumidoras e en función dos tributos que existan no seu territorio. O alto tribunal considera que os impostos autonómicos son un “sobrecusto” que deben asumir as consumidoras e consumidores de cada autonomía para non danar “a unidade do mercado” español. Que Galiza exporte enerxía e soporte os custos desa actividade para acabar pagando o mesmo por ela que en Madrid -que non produce nin ten retornos negativos da actividade- non altera, ao que se ve, a unidade do mercado. Todo o contrario.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 308 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]



x