Galiza lidera a transmisión de fincas no mes de setembro

Galiza lidera a transmisión de fincas no mes de setembro
A dación en pagamento supón a perda da vivenda
A dación en pagamento supón a perda da vivenda  SG
As operacións de compravenda de vivendas caeron 13,6% en setembro, dato que contrasta co aumento nas transmisión de fincas, que crece 5,4%.

Galiza é, xunto con Aragón, o territorio que máis incrementou en taxa interanual o número de fincas transmitidas o pasado mes de setembro. En total, segundo os datos dos rexistros recollidos esta terza feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE), inscribíronse 7.515 fincas, 5,4% máis e 343 por cada 100.000 habitantes. 

Das fincas transmitidas, 2.377 son rústicas (rústicas (1.028 herdanzas, 659 compravendas, 28 permutas, 27 doazóns e 635 doutro tipo) e 5.138 urbanas (2.463 compravendas, 1.261 herdanzas, 53 doazóns, nove permutas e 1.352 no apartado outros).

No lado contrario, o que se refire a vivendas, as operacións de compravenda caeron 13,6% en setembro en relación co mesmo período de 2018, até as 1.219. As herdanzas (732), as donacións (32), as permutas (2) e operacións doutra clase (725) situaron o número total de transmisións nas 2.710.