Galiza e Grecia teñen as taxas de ocupación laboral máis baixas da Unión Europea

Galiza e Grecia teñen as taxas de ocupación laboral máis baixas da Unión Europea

Estamos nove puntos por debaixo da media da UE.


A taxa de ocupación indica a porcentaxe de persoas ocupadas sobre a poboación de entre 16 e 64 anos, é dicir, en idade laboral. Esta taxa en Galiza no 2014 foi do 42,1%, isto é, que de cada 100 persoas en idade de traballar, só 42 o fan. Unha ratio afastada da media española (está no 44,5%), e moi lonxe da media europea, que está no 51,7%. Se pousamos a mirada sobre os estados con maior taxa de ocupación, como Suecia ou Holanda, esa diferencia é abismal, de máis de 16 puntos. De feito, Galiza só presenta mellores ratios que Grecia, que ten unha taxa de ocupación do 38,1%.

Salarización

Galiza, ademais, está entre os países con menor taxa de salarización: cun menor peso das persoas asalariadas dentro do grupo das persoas ocupadas. Por cada 100 ocupados que hai no noso país, 78 son traballadores asalariados. Unha procentaxe afeastada da media estatal (62 por cada 100) e europea (84 por cada 100). De feito, e segundo o IGE, só Italia, Rumanía e Grecia presentan unha taxa de salarización máis baixa que Galiza. Dinamarca e Luxembrugo son os estados onde os asalariados teñen un peso máis importante, sendo 91 de cada 100 persoas ocupadas. Suecia ou Alemania teñen 89 por cada 100, Francfia, 88 e Reino Unido 84.