Galiza tivo unha taxa de creación e desaparición de empresas inferior á estatal en 2017

Galiza tivo unha taxa de creación e desaparición de empresas inferior á estatal en 2017
Polígono industrial na Galiza
Polígono industrial na Galiza  

Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística ese ano creáronse 17.312 compañís e desapareceron 15.556.


Datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre demografía de empresas sinalan que Galiza conta cunha taxa de desaparición e creación de empresas inferior á media estatal en 2017, ano ao que se refire o estudo.

A media galega sobre as compañías existentes é 7,6% en 2017, algo inferior á estatal que é 7,9%. A taxa de creación de empresas en Galiza é de 9,1%, cando a media estatal é de 9,4%.

En 2017 creáronse 1.756 compañías máis (17.312) das que desapareceron (15.556) cunha taxa neta de 0,8%. O total de empresas existentes ese ano foi de 213.787. Por sectores, 58% destas empresas pertenceu á categoría resto de servizos, cando 23,1% corresponde a comercio, 12,7% a construción e 6,1% a industria.