Galiza xa baixa das 8.000 granxas leiteiras

Galiza xa baixa das 8.000 granxas leiteiras
Explotación leiteira
Explotación leiteira  SG

Hai tres anos tiña 9.500 explotacións. O primeiro trimestre de 2018 deixa tres meses seguidos de caída de prezos.


Galiza inaugurou 2018 a piques de ter menos de explotacións leiteiras -8.015 había rexistrada a decembro-  e ao acabar o primeiro mes do ano, xaneiro, xa estaba porbaixo desa cifra: 7.968. Un número que, como rexistran os datos do Fondo español de garantía agraria. Continuou a descender nos meses seguintes, febreiro e marzo. Así, ao final do primeiro trimestre do ano o número de granxas é de 7.906 e baixando. Así pois, 134 explotacións fechadas entre xaneiro e febreiro. Hai tres anos, en abril de 2015, había en Galiza case 9.500 explotacións leiteiras.

A respecto dos prezos, estes encadearon no inicio do ano tres meses de baixadas continuadas. Eran de 31,7 euros o litro en xaneiro e en marzo xa era de 31,4. Os prezos continúan á cola do Estado español. Só Aragón e Murcia, territorios con escaso peso no sector, rexistran cotizacións inferiores.

En marzo de 2015 entraba en vigor a fin de cota láctea. Había daquela en Galiza 9.500 explotacións leiteiras e os anuncios e promesas institucionais auguraban que a liberalización do mercado ía provocar maior competitividade e, xa que logo, un aumento dos prezos que se pagaban aos produtores polo leite. Daquela, en marzo de 2015, a media que se lle pagaba a un gandeiro galego por litro de leite superaba os 30 céntimos.

Desde entón, e ao longo destes meses, en Galiza non pararon de se suceder os fechamentos de explotacións leiteiras. Até principios deste ano, 2018, por volta de 1.500; o que supón case 16% do total.

Desde a Federación Rural Galega (Fruga) xa teñen denunciado que o futuro do sector lácteo pasa por unha mudanza nas políticas agrogandeiras que imperan na actualidade. “O sector lácteo galego precisa dunha política, que regule tanto a produción, como as relacións contractuais que se establecen entre os distintos axentes da cadea alimentaria. Do contrario estamos ante unha situación que pode acelerar a desaparición de explotacións leiteiras neste país”, afirman.



x