Os gandeiros arrincan un compromiso a Carrefour para pagarlle máis polo leite

Os gandeiros arrincan un compromiso a Carrefour para pagarlle máis polo leite

Os produtores poñen fin a case 2 semanas de bloqueo da superficie francesa na Coruña. 


Representantes de Carrefour no Estado español comprometéronse na noite desta segunda feira cos gandeiros a incrementar de inmediato 2 céntimos no pago que fan por litro de leite ás industrias prveedoras da multinacional para que estas repercutan esa suba nos gandeiros. Un compromiso que a multinacional francesa ofreceu após case 2 semanas de bloqueo da súa superficie na Coruña polos tractores. Os produtores da Plataforma en defensa do sector lácteo galego protestaban así polo baixo prezo do leite, que non cobre nin os cutos de produción. Mais desde Carrefour chegou tamén outro compromiso por escrito: crear unha marca que permita pagar o produtor 33,8 céntimos o litro, algo que sería efectivo nun prazo entre 2 e 3 meses.

Ao coñecer estes compromisos, os gandeiros decidiron en asemblea levantar o bloqueo. A vitoria en Carrefour vense unir ás conseguidas nestes días de protestos e mobilizacións con cadeas como Eroski ou Lidl, que tiveron que pactar. Porén, as mobilizacións podería manterse, pois hai firmas que seguen sen cumprir, como denuncian os produtores en referencia a nomes como DIA ou Gadis.