Os gandeiros galegos comezan a campaña de boicot á multinacional francesa Lactalis

Os gandeiros galegos comezan a campaña de boicot á multinacional francesa Lactalis
Unha mobilización de produtores de leite
Unha mobilización de produtores de leite  

Piden unha recuperación dos prezos e a retirada dods actuais contratos. Lactalis é a principal recolledora de leite en Galiza.


Após meses advertindo, o sector gandeiro dá un paso adiante e inciia esta sexta feira a campaña de boicot a Lactalis, a multinacional gala que lidera a recollida de leite nas granxas galegas. Súas son marcas como  President, Lauki, Puleva, entre outras. O protesto comezará ás 12:00 horas no sumpermrcado Gadis do Ceao (Lugo), convocada por Unións Agrarias. Distribuirase información entre os consumidores e tratará de acceder ao interior do establecemento para marcar os produtos de Lactalis que se comercializan na cadea.

As demandas dos gandeiros céntranse en dous aspectos. Por unha banda, queren que a multinacional francesa retire os actuais contratos de compra venda de leite, que provocan caídas de prezos, e ofreza uns contratos cunha mellora das cotizacións. Ademais, UUAA sinala que Lactalis retén indebidamente máis de dous millóns de euros que lle corresponden aos gandeiros galegos. É a cantidade que a distribución lle pagou a maiores para que recpercutise nos produtores e que, denuncia o sector, Lactalis non fai, ficando con eles.

Lactalis foi obxectivo de protestos e mobilizacións gandeiras este verán en Francia, unha presión que levou á multinacional a subir a case 30 céntimos o litro o que paga aos produtores galos polo seu leite.