“Os gandeiros seguen producindo leite a perdas”, di a Fruga

“Os gandeiros seguen producindo leite a perdas”, di a Fruga
Vacas pacendo. Foto: cedida.
Vacas pacendo. Foto: cedida.  SG

“A día de hoxe segue a se vender leite a perdas”. Así de contundente se expresou Elías Somoza, da Federación Rural Galega.
 


Segundo os estudos que manexa o sindicato agrario, os produtores galegos están traballando por 34 ou 36 céntimos o litro. Mais o que reciben son “31 ou 32” céntimos. “Isto supón perdas considerábeis”, afirmou Somoza, quen ve no peche continuado de explotacións a consecuencia destes desequilibrios.

 

A Fruga asegura que só no mes de maio clausuráronse 22 granxas en Galiza. “Iso repítese un mes despois do outro”. Elías Somoza, resonsábel da Fruga en Lugo, tamén criticou a Comisión Nacional da Competencia do Ministerio de Industria. “Está a ser contraproducente para o sector lácteo galego”, engadiu, e acusouna de “non facer nada” en asuntos como o etiquetado.



x