García Costas garda silencio sobre o futuro de Barreras

García Costas garda silencio sobre o futuro de Barreras
[Imaxe: Paula Justo. Europa Press] O expresidente de Barreras, José Garcia Costas
[Imaxe: Paula Justo. Europa Press] O expresidente de Barreras, José Garcia Costas  

O ex presidente do estaleiro vigués afirma estar preocupado polo futuro da compañía da que aínda controla 24,5%.


José García Costas, o que fora presidente do estaleiro Hijos de J. Barreiras até o seu cese pola xunta liderada pola petroleira mexicana Pemex, eludiu pronunciarse sobre o futuro da factoría naval viguesa, en situación de preconcurso, e na que aínda controla 24,5%.

A preguntas dos xornalistas tras a súa intervención en Vigo nunha xornada sobre o Brexit, García Costas optou por gardar silencio. Asegura que “non chegou o momento” e que cando chegue “teredes cumprida información (...), xa tedes cumprida información, e o que non tendes, inventádelo”, dixo aos xornalistas visíbelmente molesto.

O que si que recoñeceu é a súa preocupación polo futuro do estaleiro, que conta cunha carteira de pedidos por valor de 800 millóns pero que debe negociar a súa débeda. “Estou preocupado por todo”, asegurou respecto a un posible cambio de titularidade. “A situación de Barreras preocúpame, pero non vou falar nin unha soa palabra de Barreras”, sentenciou.