Gayoso e tres ex directivos máis de Caixanova, a xuízo

Gayoso e tres ex directivos máis de Caixanova, a xuízo

A Audiencia Nacional abre xuízo oral por unha operación en Rivas que custou 41 millóns de euros á caixa


A Audiencia nacional abriu esta cuarta feira xuízo oral ao expresidente de Caixanova Julio Fernández Gayoso e 3 exdirectivos máis da entidade, por operacións inmobiliarias supostamente irregulares en Rivas-Vaciamadrid, a través da financeira Proinova, e imponlles unha fianza de responsabilidade civil de 68 millóns de euros.

En agosto, a maxistrada da Audiencia Nacional Carmen Lamela consideraba que hai indicios para xulgar  directivos da antiga Caixanova –entre eles o que fora o seu presidente, Julio F. Gayoso- por operacións inmobiliarias en Rivas-Vaciamadrid e que supuxeron un prexuízo para a entidade financeira (hoxe en Abanca) por case 42 millóns de euros. No auto de transformación das dilixencias en procedemento abreviado, a maxistrada entende que os feitos, unha vez finalizada la instrución, son constitutivos dun delito societario continuado na súa modalidade de administración desleal.



x