O Goberno español fai "aflorar" a prostitución e as drogas para maquillar á alza o PIB

O Goberno español fai "aflorar" a prostitución e as drogas para maquillar á alza o PIB
-
-  

Branquéanse estatisticamente, apartir de agora, o tráfico de drogas e a prostitución, que pasan a computar a efeitos do PIB. Representan arredor de 9.000 millóns de euros no Estado.


Un 0,5% da economía española consiste no tráfico de drogas, mentres que a prostitución representaría un 0,35 %. Até agora estes sectores da economía ilegal non computaban a efeitos do PIB. Agora si. 

O propio INE foi quen revelou a relevancia destas actividades no novo PIB mais sinala tamén que non fará públicos os datos desagregados nos próximos informes. Segundo os datos, a suma do tráfico de drogas e a prostitución supuxo o pasado ano 9,200 millóns de euros. Malia iso, o INE insiste mediante unha nota de prensa que o crecemento do PIB se debe en especial aos cambios na forma de contabilizar o I+D+I e os gastos militares, que sofren tamén unha modificación alcista ao pasar a considerarse investimento. Estas dúas partidas supoñen un 1,34% do crecemento do PIB.

Os cambios metodolóxicos no cálculo do PIB fan que este engorde en 26.193 millóns de euros no conxunto do Estado. Pasaría do actual 1,022 billón de euros a 1,05.