A letra pequena da recuperación

A letra pequena da recuperación

A recuperación ten letra pequena, a rodapé, que matiza cando non emenda os titulares triunfantes de que a recesión é pasado. Unha desas letras pequenas indica que se alarga a diferenza entre sectores con maiores e menores salarios. Outra, que o emprego que se crea é sobre todo nestes últimos.


En 2009 a diferenza entre os salarios que se cobraban na rama da actividade mellor paga na Galiza (entidades financeiras) e a peor (servizos persoais e de ocio) era de, nin máis nin menos, que 125 puntos. Máis que unha fenda, un abismo. Esa diferenza alargouse durante esta década de crise e recesión e sitúase agora en 131,4 puntos.

Aumentaron, e non pouco, nestes anos as desigualdades salariais entre as ramas de actividade no noso país. Esa é unha das lecturas que se extraen dos datos do Informe de rendas salariais que presentou o sindicato CIG.

Outra lectura é que o emprego medra nos sectores con salarios máis baixos e descende naqueles onde son de maior contía. Inferiores Hai tres actividades onde os ingresos do seus asalariados e asalariadas son hoxe inferiores aos que percibían ao respecto: como de que o maior medre de persoas asalariadas por tramo de ingresos é nos que cobran menos da metade do salario mínimo: hai agora 23.400 persoas máis neste grupo que antes da recesión.

Aliás, desde o ano 2009 até 2017 os salarios só aumentaron en 1,4%, mais se temos en conta a inflación neste período, que foi de 11,4%, dános que a perda de poder adquisitivo real da poboación asalariada foi neste período do 10%.

O salario medio dunha persoa nun posto directivo en Galiza cuadriplica o ingreso que de media perciben os seus empregados e empregadas. Puntos sobre os is Medra o emprego precario, aumentando os traballadores pobres, que son 182.120, e ingresan a metade do SMI.

Pérdese poboación ocupada porque o número de empregos perdidos desde que en 2009, nos primeiros compases da crise: servizos a empresas, servizos sociais e outros servizos persoais e de lecer. No primeiro deles, servizos a empresas, o salario é 77% do salario medio anual (SMA) galego. Creáronse nestes anos por volta de 10.000 empregos nesta rama de actividade, un aumento de 8,5%.

Na rama de Outros servizos persoais e de lecer hai agora 28.185 empregos máis que antes da crise, o persoal deste sector aumentou en 29%. “A actividade cos salarios máis baixos é onde medrou o emprego de forma máis apreciábel”, destaca o secretario xeral da central sindical nacionalista, Paulo Carril. Temos pois que os empregos que se crean son nomeadamente nos tramos de menores ingresos salariais.

O informe de rendas achega valiosa información ao respecto: como de que o maior medre de persoas asalariadas por tramo de ingresos é nos que cobran menos da metade do salario mínimo: hai agora 23.400 persoas máis neste grupo que antes da recesión.

Aliás, desde o ano 2009 até 2017 os salarios só aumentaron en 1,4%, mais se temos en conta a inflación neste período, que foi de 11,4%, dános que a perda de poder adquisitivo real da poboación asalariada foi neste período do 10%. O salario medio dunha persoa nun posto directivo en Galiza cuadriplica o ingreso que de media perciben os seus empregados e empregadas.

Puntos sobre os is

Medra o emprego precario, aumentando os traballadores pobres, que son 182.120, e ingresan a metade do SMI. Pérdese poboación ocupada comezou a crise é de 103.000 desde o ano 2009. Agás nos sectores antes referidos (Outros servizos a empresas e Servizos persoais e de ocio) e no sector primario, no resto de actividades produtivas hai menos persoas traballando que en 2009.

Outro indicador de onde foi que se creou emprego. Datos que veñen ratificar o apuntado desde outros informes e estudos, como o de ingresos do exercicio 2016. Nese estudo recóllense cinco actividades con salarios medios anuais superiores á media do salario en Galiza: 18.114 euros brutos.

Un salario, por certo, inferior ao que se rexistraba en 2009, cando era de 18.217 euros anuais. Esas cinco actividades son as entidades financeiras e aseguradoras (32.025 euros porque o número de empregos perdidos desde que medios anuais), Industria extractiva, enerxía e auga (27.875 euros), Información e comunicación (22.970), Servizos sociais (22.800) e Industria (20.719).

En todas e cada unha delas hai agora menos traballadoras e traballadores que en 2009.

Así, por exemplo, en Industria había 27.000 persoas asalariadas menos do que en 2009, en Entidades financeiras e aseguradoras 7.000 menos e en Industria extractiva, enerxía e auga perto de 6.000 traballadoras e traballadores menos que daquela. A outra cara da moeda represéntana aquelas cinco actividades cun salario medio por baixo do salario medio anual galego.

Son comercio, transporte e reparacións (17.000 euros de salario medio anual), Construción e actividades inmobiliarias (17.000), Agricultura, silvicultura e pesca (14.300), Servizo ás empresas (14.000) e Outros servizos (8.781).

“As diferenzas falan por si mesmas”, indicaba a economista Natalia López. “En resumo, a ocupación medra onde baixan os salarios. De aí que o aumento da desigualdade e da pobreza sexa un feito innegábel”.

O peso dos salarios no PIB galego rexistra o seu punto máis baixo

Nestes anos de gran recesión houbo un cambio de tornas de enorme calado: o peso dos beneficios empresariais superou o dos salarios no Produto Interior Bruto (PIB) de Galiza. Mais esta situación tiña as raiceiras e orixes en anos ben atrás. Un proceso no que se deu unha drenaxe ou transvase das rendas salariais a favor das rendas de capital. O Instituto Galego de Estatística (IGE) constata que o peso dos salarios no PIB galego acadou en 2017 o punto máis baixo da serie: 42,3%.

Nunca fora tan pouco. Unha presenza moito menor á que os salarios teñen na riqueza española (46,9%) e na Unión Europea (47,2%). Como rexistra o IGE, de 2000 até agora o peso das remuneración das persoas asalariadas caeu en 4,2 puntos, pasando de 46,5 a 42,3.

Nese mesmo período a perda de peso dos salarios a respecto do produto interior bruto español foi de 1,6 (tres veces menos que en Galiza) e en Europa de apenas 0,6. Entre o inicio da década dos oitenta e hoxe a participación dos salarios na riqueza de Galiza caeu en 18 puntos.

Era 62% do PIB e pasou ser 44%. Ao tempo, a participación das rendas do capital no PIB galego pasou de 34,4% (1981) a 46%. Un aumento de 12 puntos. Houbo pois un trasvase en beneficio das rendas de capital que non tivo comparanza nin noutros territorios do Estado nin no contexto europeo. Desde comezos de século XXI até agora houbo unha caída de 30 puntos no salario bruto anual medio en termos reais.

As mozas e mozos galegos cobran de salario 25% menos que hai unha década

As persoas asalariadas mozas, de entre 18 e 25 anos, experimentaron nestes anos de crise e recesión importantes recortes salariais ao tempo que aumentaba a precariedade e temporalidade dos seus empregos.

O seu salario medio anual reduciuse en 25% desde 2008 para situarse apenas nos 6.500 euros anuais de media que cobran actualmente. Outro dato: 70% do novo emprego apenas chega aos 1.000 euros mensuais. 21,1% das mozas e mozos galegos teñen contratos a tempo parcial (fronte a 13,8% do conxunto das idades, máis de 7 puntos de diferenza) e 56,2% din que teñen este tipo de contrato porque non foron quen de atopar un traballo a xornada completa.

A xuventude tamén sofre maiores taxas de temporalidade, con grandes diferenzas a respecto do conxunto da poboación asalariada. 50,9% das asalariadas menores de 35 anos teñen un contrato temporal, cando no total de idades esta porcentaxe é de 26,8%. A taxa de paro xuvenil é de 19,1%. Isto supón 5,1 puntos máis que a taxa de desemprego no resto da poboación.

Constátase unha contracción da taxa de actividade en termos interanuais. A perda de actividade entre a mocidade está relacionada non só co envellecemento da poboación, senón tamén co efecto desánimo dos mozos e mozas vendo as poucas perspectivas de emprego existentes, polo que deciden ou ben retomar os estudos ou emigración.

[Esta reportaxe foi publicada no número 330 do semanario en papel Sermos Galiza]