Liña de axudas para a frota do xeito de prohibirse a pesca da sardiña

Liña de axudas para a frota do xeito de prohibirse a pesca da sardiña
xeito
xeito  

Todos os grupos parlamentares apoiaron esta proposta do BNG. PP, porén, desestimou a reclamación para que a Xunta exerza as súas competencias exclusivas nas rías e outras augas interiores.


Se finalmente se prohibe a pesca da sardiña, como temen desde a baixura galega á vista dos informes e posicionamentos no estado e en Bruxelas, abriríase unha liña de axudas destinadas á frota do xeito ( máis de 420 barcos)para garantir o mantemento das rendas e paliar en parte o impacto do feche da pesquería.

Todos os grupos parlamentares apoiaron a proposta defendida por Montse Prado (BNG). Mais se este punto foi adiante grazas á unanimidade da Cámara non pasou así con outras reclamacións do BNG para a baixura, e que foron desestimadas polo PP. Eran as que pedían  excluír a arte do xeito e do racú da prohibición de poder pescar sardiña e exercer as competencias exclusivas contempladas no artigo 27.15 do Estatuto de Autonomía sobre “a pesca nas rías e demais augas interiores”.

Na defensa da iniciativa, Prado manifestou que a pesca de baixura “sóbralle ao Partido popular e tamén ao goberno de Madrid” e ningún dos dous gobernos, dixo, “ fan o que lles corresponde” porque o que buscan é “a desaparición dun sector estratéxico para moitas vilas e persoas  do noso país”.