Mariñeiros da flota cefalopodeira manteñen mobilizacións en demanda dunha solución


Mariñeiros da flota cefalopodeira manteñen mobilizacións en demanda dunha solución
Mariñeiros a armadores expulsados de Mauritania concentráronse no Ifevi coincidindo coa inauguración de Conxemar para demandar o pago das axudas prometidas polo goberno español

Os afectados pola expulsión da flota cefalopodeira galega do caladoiro mauritano seguen a mobilizarse. Non están dispostos a parar mentres non se atendan as súas demandas, centradas en que o goberno español cumpra coas súas promesas e compromisos de pagar a axuda obrigada a estes profresionais pola parada forzosa. Tras concentrárense nestes días pasados na Axencia Europea de Pesca e na Deputación de Pontevedra,e sta segunda levaron a súa protesta ao Ifevi, onde se desenvolve a Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar).

Mariñeiros e armadores emprazas ás diferentes administracións a asumir as súas responsabilidades, non só no que atinxe ao pago das axudas, senón tamén  actuar para garantir que a flota galega volva ao caladoiro de Mauritania. Unha vintena de barcos galegos foron expulsos desas augas en virtude dun acordo da Unión Europea co país africano.

Razóns

Como xa ten denunciado Xabier Aboi, da CIG, non hai razóns, "alén da incompetencia da Xunta e Madrid", que xustifiquen que os cefalopodeiros galegos non deban pescar nesas augas.

Neste sentido, desde a central nacionalista afírmase que os argumentos de tipo biolóxico non son válidos. "Se fose así, que hai escasez de recursos, non entrarían os barcos chineses a substituir os galegos". Para alén disto, nestes dous últimos anos "houbo moi boas capturas, de bo tamaño e cun bo prezo"