Mariñ[email protected] e ecoloxistas denuncian formalmente perante a Comisión Europea as gaiolas de salmón en Muros-Noia

Mariñ[email protected] e ecoloxistas denuncian formalmente perante a Comisión Europea as gaiolas de salmón en Muros-Noia
Mobilización en Muros contra as gaiolas
Mobilización en Muros contra as gaiolas  
Denuncian os riscos para a comarca e o país deste cultivo intensivo

Organizacións ambientais, ONGs, entidades do propio sector pesqueiro e doutros ámbitos, [email protected] e [email protected] da ría de Muros e Noia, enviaron unha denuncia formal á Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca, á Dirección Xeral de Medioambiente e á Comisión de Peticións da Comisión Europea, denunciando os riscos e impactos ambientais das gaiolas de salmón atlántico que se pretenden instalar na ría de Muros e Noia.

Esta denuncia vai acompañada dun documento que amosa a oposición cidadá á instalación destas gaiolas, así como de todos os prexuízos que pode ocasionar sobre o medio e a socioeconomía da comarca e do conxunto do país.

 Desde a instalación da primeira gaiola experimental, na ría de Arousa, un amplo tecido de entidades, organismos e colectivos (do sector do mar, sociais, ecoloxistas…) estiveron informando e denunciando os riscos e impactos ambientais destas instalacións para cultivar de modo intensivo e industrial o salmón atlántico en augas das rías galegas. A Consellaría do Mar optou por transaladar as gaiolas de Arousa a Muros-Noia.

Neste liña, ecoloxistas, [email protected] e mariñ[email protected], realizaron xa varias mobilizacións e enviaron informes á fiscalía de medioambiente e á Comisión Europea, mais vendo que as posicións da empresa que ten a concesión e as da propia Xunta de Galiza non varían, optaron por achegar unha denuncia formal, que xa foi presentada hai uns meses á fiscalia de medioambiente, e que agora se transmite ás diferentes comisións da Unión Europea.

 Con todo isto, sinalan, “pretendemos impedir a experimentación levada a cabo e frear a colocación das gaiolas para o cultivo intensivo, o que provocaría na ría un gran impacto negativo nun ecosistema mariño de gran riqueza ambiental e que serve de medio de vida da maioría das persoas que viven nesta comarca”.