Naturgy pide ao goberno español o feche de Meirama

Naturgy pide ao goberno español o feche de Meirama
greenpeace meirama
greenpeace meirama  

Toma forma así forma a caducidade dunha das principais térmicas galegas.


Meirama, propiedade de Naturgy, non pasará de 2020 ao incumprir a directiva europea de emisións. É unha das cinco que non se adaptaron no Estado ao novo marco e Naturgy non está disposta a investir os 100 millóns de euros precisos para alongar a vida de Meirama.

A empresa pide ao goberno español que feche esta industria, situada en Cerceda e que representa 200 postos de traballo directos e indirectos que se elevan a 500 de contar os inducidos, segundo os cálculos sindicais. Meirama botará así o fecho a catro décadas de actividade.

O comité de empresa da central térmica instou o presidente da Xunta a esixir de Naturgy un investimento "suficiente" para manter os postos de traballo. Son 77 empregos directos, para os que a compañía comprometeu 40 recolocacións e 37 saídas pactadas.

A outra térmica, a central das Pontes, seguirá despois de 2020. O investimento de 200 millóns de euros de Endesa para adaptar o complexo ás obrigas a respecto das emisións e reducir estas en 80%, segundo a empresa.

Só 5 das 14 centrais que no Estado usan carbón para producir electricidade seguirán máis alá de 2020.

A plataforma Galiza, un futuro sen carbón celebra o anuncio de Naturgy. "Trátase dun importante avance na transición cara a un sistema enerxético 100% renovábel", cada vez máis urxente perante a situación de emerxencia climática global, indican. A xuízo da plataforma, cómpre acompañar o peche "de medidas xustas para as persoas traballadoras afectadas pola clausura dunha das industrias máis contaminantes da nosa terra". 



x