Negativa da Xunta a colaborar na recuperación dos galegos asasinados polo franquismo no penal de Ezkaba, Navarra

Negativa da Xunta a colaborar na recuperación dos galegos asasinados polo franquismo no penal de Ezkaba, Navarra

Máis de 600 galegos estiveron presos nesta fortaleza militar empregada como presidido polo bando franquista entre 1938 e 1945.


A fortaleza militar de Ezkaba ou San Cristóbal, en Navarra, foi utilizada entre 1938 e 1945 como un penal polo que pasaron miles de presos políticos, entre eles máis de 600 galegos, a maioría con condenas perpetuas. Era considerado un dos penais máis duros do réxime de Franco en el perderon a vida 96 galegos: fusilados, por torturas e malos tratos, por aplicación da ‘Lei de Fugas’ ou por fame.

En maio de 1938 produciuse nesa fortaleza unha gran fuga de presos, con 2.500 encarcerados saíndo da fortaleza no inicio dunha fuxida que foi abortada polo aviso dun soldado franquista: só tres das persoas fugadas foron quen de chegar a Francia e 207 morreron, entre elas 55 galegos.  Un dos líderes desa fuga era galego, Antón Valadares. En marzo de 2018 o goberno de Nafarroa organizou un encontro para conmemorar o 80 aniversario da fuga a Xunta renunciou a participar nel, no que si estiveron otras 13 comunidades autónomas.

A responsábel de Cultura do grupo parlamentar socialista, Concepción Burgo, acusou o goberno galego de se negar a colaborar co Proxecto Ezkaba, iniciado polo Goberno de Navarra para recuperar e identificar as vítimas do penal. 

Burgo lamentou a falla de compromiso do PP e do Goberno galego cos familiares dos galegos represaliados ao rexeitar esta iniciativa que tan só pedía “dirixirse ao Goberno de Navarra e ofrecerlle toda a colaboración necesaria para desenvolver o Proxecto Ezkaba, especialmente para localizar os familiares dos presos galegos”. O goberno galego podía axudar localizando as familias dos falecidos e recabando o ADN que permita identificalos. A responsable socialista criticou que a Xunta “non queira nin sequera levantar o teléfono para chamar a Navarra e ofrecer axuda”.

Advertiu que “Galiza non pode estar aparte” desta iniciativa para “honrar á memoria de moitos galegos e galegas”, unha iniciativa que quere entre outras cousas "identificar a tódolos presos de San Cristóbal, unha labor na que o goberno galego pode axudar  localizando ás súas familias e recabando o ADN que permita identificar aos falecidos".

No equipo de traballo que estuda o Forte Ezkaba están integrados entre outros os concellos de Santiago e Pontevedra ou un grupo de investigación das universidades galegas.



x