Nova fronte xudicial para Gayoso e cinco directivos da antiga Caixanova

Nova fronte xudicial para Gayoso e cinco directivos da antiga Caixanova

A xuíz ve indicios para xulgalos por una operación inmobiliaria en Madrid con perdas de case 42 millóns de euros.


A maxistrada da udiencia Nacional Carmen Lamela considera que hai indicios para xulgar seis directivos da antiga Caixanova –entre eles o que fora o seu presidente, Julio F. Gayoso- por operacións inmobiliarias en Rivas-Vaciamadrid e que supuxeron un prexuízo para a entidade financeira (hoxe en Abanca) por case 42 millóns de euros.

No auto de transformación das dilixencias en procedemento abreviado, a maxistrada entende que os feitos, unha vez finalizada la instrución, son constitutivos dun delito societario continuado na súa modalidade de administración desleal, segundo desvela El Economista.

O procedemento diríxese contra o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso; o director xeral, José Luis Pego; o director da División Inmobiliaria, Gregorio Gorriarán Laza; o director da División de Planificación Financeira e Control, Domingo González Mera; director do Comité de Inversión Irregular, José González Rodríguez, e o da Unidade de Reestruturación, Isaac Alberto Miguel Lourido.

Lamela conclúe, segundo El Economista, que se provocaron prexuízos patrimoniais á financeira inmobiliaria Proinova e a Caixanova a favor do grupo Copasa



x