Novacaixagalicia nomea copresidente o maior accionista e presidente de Barreras

Novacaixagalicia nomea copresidente o maior accionista e presidente de Barreras
García Costas
García Costas  SG
José García Costas, alén de presidente do maior estaleiro privado do estado, é tamén responsábel da Cámara de Comercio de Vigo

O consello de administración de Novacaixagalicia designou co-presidente da entidade financeira a José García Costas, presidente do estaleiro Barreras e da Cámara de Comercio de Vigo. García Costas compartirá cargo con José Manuel Carballedo.

O acordo adoptouse nunha xuntanza realizada esta semana, reunión en que os conselleiros ratificaron tamén a fusión das fundacións procedentes das entidades de orixe nunha única, e que se constituiría o 1 de novembro.

José García Costas (grupo Emenasa) posúe o 20% das accións do estaleiro vigués de Barreras, un grupo que comezou o ano con fortes problemas económicos este exercicio por mor das fortes débedas que posuía, principalmente coas empresas auxiliares da Ría de Vigo.

Novacaixagalicia concedeu en 2010 empréstitos e garantías por máis de 60 millóns de euros a García Costas, daquela conselleiro da entidade

Barreras é, xunto con Navantia, un dos estaleiros galegos de que o goberno galego anunciou ían construir dous buques floteis para a multinacional mexicana Pemex. O propio García Costas afirmaba esta semana que antes do Nadal comezarían cos traballos, aínda que existen fortes dúbidas, sobre todo en México, canto á realidade destes contratos. De feito, un conselleiro da paraestatal sinalou que até xaneiro non se licitaría a construción destes buques.

Axudas

García Costas recibeu en 2012, cando era conselleiro de Novacaixagalicia, un total de 60 millóns seiscentos mil euros en garantías e empréstitos desta entidade financeira.