Banesco estuda suspender o ERE en Novagalicia mais Bruxelas terá a última palabra

Banesco estuda suspender o ERE en Novagalicia mais Bruxelas terá a última palabra
Asemblea Traballador@s NGB
Asemblea [email protected] NGB  Riobó Prada

Banesco recibiu @s representantes sindicais nunha xuntanza que todas as partes definiron como ''cordial''. A nova propiedade deixou a porta aberta a paralizar o ERE, que afectara uns 350 traballadores. Mais, iso si, este tema terá que ser negociado coa UE.


Un mes despois de que Banesco se fixese con Novagalicia Banco (NGB), a nova propiedade recibiu á representación sindical dos e das traballadoras da entidade financeira, representación que pedira esta reunión hai semanas. O obxectivo dos sindicatos era, principalmente, tratar sobre o novo ERE que afecta a 350 [email protected]

E neste tema, segundo recoñecen presentes na xuntanza, o propio presidente de Banesco, Escotet, deixou aberta a porta á “posibilidade” de suspender a aplicación dese expediente de regulación de emprego. Eis o vaso medio cheo. O medio baleiro: que esa posibilidade ten que ser negociada con Bruxelas. Así pois, a UE terá a derradeira palabra neste tema.

Viaxar a Bruxelas

Cómpre lembrar que a venda de Novagalicia a Banesco nun proceso de poxa acelerada aínda non foi autorizada pola UE e nas vindeiras semanas os novos donos viaxarán a Bruxelas para ratificar a operación. Iso supón, tamén, negociación duns novos requisitos e condicións que a Unión Europea podería fixar á propiedade.

Ademais, aínda fica por definir o proceso de integración entre NGB e o Etcheverría (o banco de Banesco no Estado español) que debería, segundo cálculos dos propios donos, estar concluída neste trimestre. E cunha nova dirección e unha folla de ruta a negociar con Bruxelas.

Preferentes

Aínda que anunciaron unha solución en noventa días para os afectados polas preferentes que aínda non concretaron, desde Banesco non se concretou como se fará isto. E hai por volta de 500 millóns de euros por devolver