O menor aumento salarial e as xornadas laborais con máis horas desde hai 20 anos

O menor aumento salarial e as xornadas laborais con máis horas desde hai 20 anos
Operarias nunha carpinteiría industrial
Operarias nunha carpinteiría industrial  

O Consello Galego de Relacións Laborais recoñece que no primeiro semestre do ano o medre salarial non foi nin a metade do que aumentou o IPC. Aliás, apunta, na Galiza trabállanse máis horas do que nunca nestes últimas dúas décadas. E faise con soldos cada vez máis baixos


O Consello Galego de Relacións Laborais vén de ofrecer uns dados que mostran até que punto @s [email protected] están a perder a pasos de xigante poder adquisitivo. Unha dinámica que vai parella, aliás, co feito de que cada vez se traballan máis horas. Menos soldo, máis traballo é o resume dun panorama laboral en Galiza sobre o que veñen alertando sindicatos e axentes sociais desde hai tempo.

Así, e segundo o Consello, nos seis primeiros meses do presente ano, revisáronse 86 convenios colectivos. Uns acordos que, de media, conteñen un aumento salarial medio de 0,72%, menos da metade do que os prezos subiron nese mesmo período (1,8% de aumento)

Golpe á versión oficial

O propio Consello recoñece que, con estes dados, non se pode responsabilizar aos salarios nin aos convenios de ser un elemento inflacionista. A 30 de xuño, hai 849 acordos colectivos que afectan 444.736 traballadores.

O propio presidente del Consello Galego de Relacións Laborais, Demetrio Fernández subliñou que é o aumento de salario "máis baixo desde que hai rexistros, hai 20 anos”. E, ao mesmo tempo, a xornada de traballo, con todo, é "o máis grande" do mesmo período. Foron acordadas en media anual 1.792 horas. Ademais, case todos os contratos asinados este ano reflicte a clasificación en grupos, e no 30% deles existe a posibilidade de distribuír irregularmente a xornada.